Poxa de Xovencas

Horario

Sábado 2 de decembro entre as 10.00h e as 14.00h: Entrada dos animais participantes e aloxamento na carpa anexa ao Recinto Feiral de A Picota (Mazaricos). Pola tarde será a exposición de xovencas.

Domingo 3 de decembro ás 11.00h comeza a poxa. Ao remate da poxa sorteo de varios regalos, valorados en 1.500€

Finalidade

A finalidade da poxa é potenciar a comercialización de xovencas nadas e criadas en explotacións gandeiras de Control Leiteiro da Provincia da Coruña.

Selección, admisión de animais e participación

A selección e admisión de animais para a poxa correspondeu á comisión organizadora que velou en todo momento pola calidade dos animais a presentar e comprobou que cumpren a normativa xenealóxica e sanitaria requirida. As persoas propietarias dos animais responsabilízanse dos datos aportados para as Cartas Xenealóxicas. Participan animais procedentes de explotacións en Control Leiteirop da provincia de A Coruña que cumpren as esixencias marcadas pola comisión organizadora. A participación de animais por gandería foi fixada nun máximo de 5 exemplares. As xovencas teñen que esar inscritas no Rexistro Principal, non se aceptan animais Rexistro Auxiliar, Categoría B. A nai do animal a subastar, no caso de estar cualificada, ten que ser categoría B ou superior. No caso de que a nai do animal fose baixa, sen produción e/ou cualificación, os requisitos serán aplicables á avoa materna.

Condicións sanitarias, transporte, entrada e seguro

Os animais participantes procederán de explotacións cualificadas sanitariamente e serán saneados cumprindo co regulamento sanitario sobre participación en concursos, exposicións e poxas. Non se permitirá a entrada no recinto de animais que presenten síntomas de enfermidade, ou ben no presenten a documentación requirida para estes casos. A maiores, os animais presentados serán analizados fronte a IBRGE, BVD Ag. (antíxeno da diarrea vírica bovina), Neoporosee (anticorpos ELISA indirecto) e Paratuberculose (anticorpos fronte ao Mycobacterium paratuberculose ELISA indirecto) debendo resultar negativos a IBRGE, BVD Ag, a Neosporose e a Paratuberculose. O transporte corre a cargo da organización. A entrada do gando realizarase o día anterior á poxa. Os animais presentados non poderán ser retirados ata finalizado o certame, agás causa de forza maior e sempre a criterio da Comisión Organizadora. A Comisión Organizadora promoverá aos animais participantes dun seguro que cubre os accidentes e/ou enfermidades que poidan producirse pola participación na poxa. As xovencas xestantes terán unha cobertura adicional que cubre os riscos de aborto na semana posterior á poxa.

Exposición e realizacion da poxa

O coidado dos animais correrá a cargo dos propietarios dos mesmos ou ben das persoas designadas por eles. Cada animal contará cun cartel identificativo, facilitado pola organización , onde figurarán os datos xenealóxicos do animal e os produtivos da nai, a gandería de procedencia e o prezo de saída. Todos os animais expostos teñen que entrar á poxa antes de ser vendidos. A poxa empezará ás 11.00 h do domingo, 3 de decembro. Cada animal será exhibido ante os compradores e público asistente, polo tanto terá que ser presentado nunhas condicións de doma e manexo axeitadas. O prezo de saída será fixado, conxuntamente, polo propietario de cada animal e a Comisión Organizadora. Non se permitirá a participación de animais cun prezo de saída desproporcionado. No momento da exhibición, o subastador anunciará o prezo de saída, empezándose a partir dese intre a poxa entre compradores. Cada poxa significará un incremento de 50€ sobre o valor existente. Os animais serán adxudicados ao mellor postor, no momento da poxa, quedando obrigados os compradores ao pago inmediato do importe final da poxa. A factura emitida verase incrementada co IVE correspondente. A Comisión Organizadora reterá a documentación orixinal dos animais ata que sexan pagados.

Disposición final

A Comisión Organizadora decidirá sobre todos os asuntos non contemplados no presente regulamento, decidindo e interpretando, de xeito inapelable, sobre todas aquelas cuestións que se podan plantexar. A participación na poxa presupón a aceptación do recollido neste regulamento.

Para máis información contacta con nós

Fálanos!