Sancosmeiros e fotografía para unha semana de luxo

Sancosmeiros e fotografía para unha semana de luxo

A Asociación Cultural de San Cosme de Antes terá unha exposición no marco da Semana Gandeira 2017 na Casa da Cultura. Sancosmeiros, bolsos, broches e bisutería serán algunhas das pezas que as persoas visitantes poderán ver. Estará durante toda a semana

Por outra banda, o domingo levarán a cabo un taller interactivo para nenos e nenas e persoas adultas no que se poderá aprender a confeccionar un sancosmeiro: escoller e limpar o centeo, trenzal e coselo segundo as medidas típicas da nosa zona. A asociación tamén levará a cabo a entrega dos premios do concurso fotográfico.

Por outra banda, este ano tamén haberá exposición fotográfica. O nome artístico da autora é Moldus e encherá a Casa da Cultura da súa particular visión do agro e do rural. Podedes seguila no seu Instagram

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *