A Banda da Balbina poñeralle ritmo a esta edición

A Banda da Balbina poñeralle ritmo a esta edición

Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio de algunha orquestra galega. Un ano máis tarde a Balbina pareu O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón de este premio o grupo comeza a súa andanza polas festas-concertos de toda galicia, (compartindo escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos…) levando sempre boa música en galego e moita festa.

As súas creacións posúen uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. O que os define é que non só cantan, senón que contan historias. Dende os inicios manteñen unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega.

Poderedes desfrutar delas o sábado pola tarde. Non as perdades!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *